Como cada luns o MALETÍN DOS ANIMAIS regresou á nosa clase. E ROI estaba desexoso de abrilo para ensinarnos e falarnos sobre os seus animais.
Pasouno xenial observando o ÁLBUM e comentounos que o cromo que máis lle gustou foi o do león.
No LIBRO DAS MASCOTAS comezou falándonos dos 3 paxariños silvestres que ten na súa casa: un xirín, un xílgaro e un verdín.
Na casa dos seus avós ten unha gatiña siamesa que se chama MICHIÑA coa que xoga.
Na casa do seu padriño ten a unha cadeliña de raza chiguagua, e un can pastor alemán na casa do seu primo Adri, quen tamén ten 3 tartarugas terrestres. Unha foi a que Roi trouxo ao cole para que pasase un día con nós.
Por último ensinounos unha foto moi chula dun paxariño moi simpático cuns grandes coloretes, unha ninfa.
Coas plumas das galiñas dos seus avós Roi decorou o libro das mascotas facendo unha galiña super chula.
Xenial!
Esta semana o MALETÍN DOS ANIMAIS emprende a súa última viaxe á casa de LUCÍA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.