martes, 16 de xuño de 2015

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

CHEGOU O GRAN DÍA!

Por fin marchamos de 
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!

Despois dunha noite de nervios, chegamos puntuais ao cole para gozar dun día que levábamos agardando todo o curso...

Entramos no hall do cole para gardar as bolsas do almorzo e colacar os nosos panos laranxas as excursións...


Subimos ao autobús e emprendemos rumbo A CORUÑA!

Fíxosenos algo largo a viaxe porque estábamos desexando chegar.

A nosa primeira parada foi o acuario:

ACUARIUM FINISTERRAE



Vimos un montón de peixes e aprendemos un montón de cousas, que a nosa monitora Mari Carmen nos foi contando durante o noso percorrido polo acuario.



Baixamos para "montarnos" no SUBMARIÑO NAUTILUS e descender ao camarote do CAPITÁN NEMO, onde quedamos abraiados co gran tanque que había cheo de peixes de diferentes especies e tamaños: meros, lubinas, besugos, rodaballos... e quenllas (tiburóns).


Pero xusto baixando recibiunos nadando xusto diante nosa un "TIBURÓN TORO" chamado GASTÓN. Era enormeeeeeee!


Despois puidemos ver "en vivvo e en directo" como alimentaba ás FOCAS.



Ao rematar a nosa visita polo acuario repuxemos forzas comendo unhas "deliciosas" galletas.



Puxemos runmbo á TORRE DE HÉRCULES.




A caminata ata a parte máis alta da torre abríunos o apetito e pedímoslle ás nosas conductoras que nos levasen ao MONTE DE SAN PEDRO para comer, saborear uns ricos xeados...




E xogar no PARQUE!



E despois tocou volver ao cole. Tan cansadiños acabamos, que no autobús moitos botamos unha sesta...

Ao chegar as nosas familias estábannos agardando!

FOI UN DÍA XENIAL!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.