venres, 22 de xaneiro de 2016

LETRA A

Este curso imos a traballar as LETRAS dun xeito diferente e con axuda das familias.

A comezos desta semana os alumn@s levaron para a casa un sobre grande cunha nota, que poñía que debían buscar 5 imaxes de cousas que comezasen pola Letra A. Tratábase de que os pequech@s, con axuda buscasen, e sobretodo pensasen, palabras que comezasen por esa letra, en: folletos, revistas, periódicos, internet... que as recortasen e as trouxesen.

MURAL DA LETRA A:

* Para realizar este mural, o primeiro foi pensar que alumn@s que o seu nome comezase pola A: AROA, ANDREA, ANXO DOVAL, ÁLVARO e ANXO CASTRO. Cada un pegou a súa foto no mural.


* Despois cada alumno foi saindo para ensinarlles as 5 imaxes aos seus compañeir@s. De todas elexian unha, e colocábana no mural. A medida que saían tiñamos que ter coidado para non pegar ningunha imaxe repetida no mural.





* As 4 imaxes restantes reservámolas para realizar unha actividade impresa, na que nun folio A3, cada nen@ pegará as súas imaxes e intentará escribir (como lle saia, pois estamos comezando) a palabra debaixo. 

* Como levamos dende o inicio do curso traballando fonéticamente tanto os nomes de todos os alumn@s coma moito vocabulario dos proxectos que imos realizando, os pequen@s coñecen o son de case todas as letras, e así poderán transcribir as palabras. Normalmente ao principio cústalles moito, recoñecen so o fonema inicial e os demais represántanos con trazos aleatorios que nin se corresponden con letras, outros tan so distinguen as vogais da palabra, e posteriormente van engadindo algunha consoante. (Esta sería, a groso modo, unha breve explicación). Este é un proceso progresivo que é moi diferente en cada alumno, e debemos respetar o ritmo individual de cada nen@. 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!



xoves, 21 de xaneiro de 2016

5º CUMPREANOS DE CLAUDIA!




Hoxe celebramos que outra pequecha aumentou un dedo máis na súa man para cando lle pregunten canto anos ten... 5, unha man completa!






CLAUDIA trouxo un enorme biscoito para compartir cos seus compañeiros, e estaba tan delicioso, que a pesar do tañmaño, repetiron e repetiro ata rematalo.


MOITAS FELICIDADES CLAUDIA!

ÚLTIMAS NOTICIAS SOBRE O SISTEMA SOLAR!

Hoxe ao chegar á clase o primeiro que fixemos foi consultar dende o ordenador as noticias das últimas horas, xa que entre elas destacaban 2 importantes relacionadas co proxecto que estamos a desenvolver este trimestre: o espazao, e máis concretamente sobre o SISTEMA SOLAR.

* Unha das noticias desvela que varios científicos atoparon indicios que apuntan a que pode exitir un novo planeta no sistema solar. Nomeárono como "PLANETA NOVE", estaría localizado as aforas do sistema, bastante alonxalo, cunha órbita moi alongada. Trataríase dun planeta xigante, que superaría en 10 veces o tamaño da Terra. 
Polo de agora non o puideron contrastar visualmente, tan so se trata dunha hipótese... poderán contrastala e haberá un planeta máis no Sistema Solar?

CONSULTAR NOTICIA

* A outra noticia desvélanos que dende o 20 de Xaneiro ata o 20 de Febreiro poderemos observar a simple vista 5 planetas do Sistema Solar: MERCURIO, VENUS, MARTE, XÚPITER y SATURNO.
Durante estes tempo, e ao AMENCER poderemos ver estes planetas sen precisar telescopio. Eso sí, as condicións meteorolóxicas deben axudar, pois o ceo debe estar totalmente despexado para poder divisalos. 

* MARTE identificarase como un punto roxizo entre VENUS e XÚPITER. 
* SATURNO está entre Marte e Venus.
* MERCURIO é o planeta máis difícil de observar debido á súa cercanía á Terra. Para identificalo hai que buscar un punto brillante, moi pequeno, entre Venus e o horizonte. 


CONSULTAR NOTICIA

CONSULTAR NOTICIA


mércores, 20 de xaneiro de 2016

ESPAZO: APOLO 11


MARTA trouxo varias imaxes realacionadas co espazo que fomos comentando entre todos.
Entre elas había varias do planeta Terra, do Sistema Solar, dun satélite artificial, das estrelas, dun cometa, dunha nave espacial e de 3 astronautas.

Plastificámolas (levamos a plastificadora á clase para ver como funcionaba) e colocámolas no recuncho do espazo que temos colocado no corredor.



Preguntámonos, quen serían eses 3 astronautas?, fixámonos polos seus traxes que eran amaricanos, xa que tiñan a bandeira de Estados Unidos, e eran, nada máis e nada menos, que 3 dos astronautas máis coñecidos da historia espacial: Neil ARMSTRONG, Edwin ALDRIN e Michael COLLINS, tripulantes do APOLO 11.

Buscamos nos libros que os alumn@s trouxeron para ver se había algún tipo de información sobre este tema... e atopámola!












A misión Apolo 11 tiña como obxectivo lograr que un ser humano camiñara pola superficie da lúa. 

O 16 de Xullo de 1969  daba comezo a misión. Lanzouse o cohete SATURNO V, que estaba composto por varias partes: 
* O módulo lunar ao que lle chamaron EAGLE (a águia era a insignia da misión).
* E o módulo de mando ao que chamaron COLUMBIA.

PEDRO trouxera unha maqueta deste cohete e tamén unha do módulo lunar. E nun libro de pop up que trouxo IAGO tamén atopamos un módulo lunar. 





O 21 de Xullo de 1969 ARMSTRONG convertíase no primeiro home que pisaba a lúa, mentres pronunciaba a histórica frase coñecida por todos.




" UN PEQUEÑO PASO PARA EL HOMBRE,
UN GRAN SALTO PARA LA HUMANIDAD"



Descubrimos que a superficie da lúa está formada por grandes cráteres, e por diferentes zonas que reciben o nome de mares (debido a que antigamen pensábase que na lúa había mares, cousa que se desmentiu a posteriori). O alunizaxe produciuse no MAR DA TRANQUILIDADE. 

No libro de XULIA atopamos unha imaxe da lúa na que parecen todos os mares e os puntos nos que alunizaron as diferentes misións espaciais que se realizaron despois do Apolo 11. 


Tamén descubrimos curiosodades como:

* A lúa é o satélite natural da Terra, e orbita arredor dela , mentras segue xirando sobre si mesma (introducimos o tema das estacións e das fases da lúa, que ao longo do proxecto abordaremos de modo máis concreto).

* As pisadas dos astronautas seguen estando na lúa, xa que alí non hai auga nin aire.

* Os astronautas empregan cueiros (pañales) cando están fora da nave, xa que non poderían quitarse o traxe para facer as súas necesidades. 

* O mote de Aldrin era BUZZ e na súa honra crearon a BUZZ LIGHT YEAR, o astronauta de xoguete da película TOY STORY.




martes, 19 de xaneiro de 2016

LAIKA

Quen nos ía a dicir que o primeiro en viaxar ao espazo non foi un astronauta? 

Onte empezamos a falar sobre unha cadeliña moi especial que foi o primeiro ser vivo en orbitar ao redor da Terra:





Fíxoo a bordo da nave SPUTNIK 2, o 3 de novembro de 1957. Foi unha misión levada a cabo pola Unión Soviética. 










Un mes antes mandaran o satélite SPUTNIK 1.









Laika era unha cadela da rúa que "reclutaron" para emprender esta importante misión espacial. Por desgraza morreu estando en órbita, entre 5 e 7 horas despois de despegar. Naquel intre todavía non se sabía moito sobre os efectos dos vos espaciais sobre os seres vivos. 

Un grupo musical moi coñecido, "Mecano" compuxo unha canción na honra desta cadeliña.



Nós debuxamos a LAIKA e ao SPUTNIK 2:




SISTEMA SOLAR


Durante a fin de semana RAÚL, xunto cos seus pais, realizou unha manualidade do espazo super chula...

O SISTEMA SOLAR




Durante días pasados xa comezaramos a falar do sistema solar e dalgunhas das características máis destacadas dos 8 planetas, de maior tamaño, que o compoñen.






Raúl empregou boliñas de pórex de diferentes tamaños para representar o sistema solar: o sol no centro e os planetas orbitando ao seu redor, respetando o tamaño e a cercanía ao sol. Un traballo xenial!

Encántame ver as manualidades que facedes en familia! 
Moitas grazas a familia de Raúl por traela ao cole para compartila con todos.



Como temos tantas cousas do espazo, acondicionamos unha pequena zona no corredor para ir colocando o que seguimos recibindo e así compartilo coas familias.

22000 VISITAS!

E no medio da nosa Misión Espacial sobrepasamos as 22.000 visitas no blog. 

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS!



DESPEGUE!



Así de chulo e colorido quedou o noso cohete "FONTIÑAS 16" listo para emprender a nosa aventura de aprendizaxe polo espazo. 






ALÁ IMOS!



venres, 15 de xaneiro de 2016

O NOSO RECUNCHO DO ESPAZO SEGUE "MEDRANDO"!

Sen dúbida O ESPAZO é un tema que da moito para si. Ten "infinitas posibilidades" igual que a súa extensión. Por iso cada día recibimos máis aportacións para o noso Recuncho Informativo, novidosas, chamativas, interesantes...





AROA trouxo un póster sobre o espazo no que aparecían múltiples elementos que xa imos recoñecendo. 








ANXO CASTRO entrou na aula cun maletín moi "espacial" que no seu interior gardaba un enorme puzzle do espazo. (Como hoxe nos quedamos sen tempo, comezaremos a realizalo a semana que ven).



IAGO tamén trouxo un montón de cousas interesantes:

* Dous libros:
- O conto de "A que sabe a lúa?"
- Un conto sobre O UNIVERSO que cando o abrimos non logramos ver nada... as páxinas estaban en branco? Non éramos capaces de ver nada, pero ao pasar os dedos notábamos algo rugoso, e máis de preto parecía que se intuía algo nunha cor amarela un tanto peculiar... ere FOSFORESCENTE! O que quere dicir que so se pode ver na escuridade. Así que tivemos que buscar escuridade total para poder velo!





* Un traxe de ASTRONAUTA, xa que para viaxar ao espazo temos que levar unha vestimenta especial.






* E algo que nos sorprendeu moito: COMIDA PARA ASTRONAUTAS. Unhas bolsiñas que contiñan xeado. Que pasada! (De novo por mor do tempo, probarémolo para a semana). 




Mirade que pasada de video no que se ve como comen os astronautas no espazo. Incrible!



Comezamos a falar da GRAVIDADE: como nos atrae a forza da gravidade na Terra e como inflúe a súa ausencia no espazo.




Así de chulo está o noso RECHUNCHO DO ESPAZO despois de recibir hoxe as novas aportacións. Mil grazas a todas as familias pola vosa colaboración!








xoves, 14 de xaneiro de 2016

O NOSO "COHETE" ESPACIAL



Onte vimos o lanzamento dun TRANSBORDADOR ESPACIAL, e falamos das diferentes partes que o compoñen.



Os cohetes aceleradores e o tanque externo sepáranse do vehículo orbital antes de que este entre en órbita, pero que lles pasa? a onde van a parar? Pois teñen un paracaidas incorporado para que aterren e así recuperalos e volver a empregalos noutra misión.

O vehículo orbital, despois de rematar a súa misión tamén debe regrsar a terra, e como o fai? a que vos recorda?


Pois si, parece un avión aterrizando! Mirade como baixa as rodas (o tren de aterrizaxe). O paraciadas que desprega ao final é para axudarlle a frenar, debido á gran velicidade que leva. 

Agora que xa aprendemos bastante sobre os vehículos espaciais, decidimos facer un "COHETE" ben grande e pintalo moi colorido para ir nel a cumplir a nosa "Misión Espacial Fontiñas 2016".


Mañán poderedes ver o resultado final!