venres, 22 de xaneiro de 2016

LETRA A

Este curso imos a traballar as LETRAS dun xeito diferente e con axuda das familias.

A comezos desta semana os alumn@s levaron para a casa un sobre grande cunha nota, que poñía que debían buscar 5 imaxes de cousas que comezasen pola Letra A. Tratábase de que os pequech@s, con axuda buscasen, e sobretodo pensasen, palabras que comezasen por esa letra, en: folletos, revistas, periódicos, internet... que as recortasen e as trouxesen.

MURAL DA LETRA A:

* Para realizar este mural, o primeiro foi pensar que alumn@s que o seu nome comezase pola A: AROA, ANDREA, ANXO DOVAL, ÁLVARO e ANXO CASTRO. Cada un pegou a súa foto no mural.


* Despois cada alumno foi saindo para ensinarlles as 5 imaxes aos seus compañeir@s. De todas elexian unha, e colocábana no mural. A medida que saían tiñamos que ter coidado para non pegar ningunha imaxe repetida no mural.





* As 4 imaxes restantes reservámolas para realizar unha actividade impresa, na que nun folio A3, cada nen@ pegará as súas imaxes e intentará escribir (como lle saia, pois estamos comezando) a palabra debaixo. 

* Como levamos dende o inicio do curso traballando fonéticamente tanto os nomes de todos os alumn@s coma moito vocabulario dos proxectos que imos realizando, os pequen@s coñecen o son de case todas as letras, e así poderán transcribir as palabras. Normalmente ao principio cústalles moito, recoñecen so o fonema inicial e os demais represántanos con trazos aleatorios que nin se corresponden con letras, outros tan so distinguen as vogais da palabra, e posteriormente van engadindo algunha consoante. (Esta sería, a groso modo, unha breve explicación). Este é un proceso progresivo que é moi diferente en cada alumno, e debemos respetar o ritmo individual de cada nen@. 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.