Hoxe, ben cediño pola mañán, sorprendeunos algo que se asomou a nosa fiestra...
UN PAPORUBIO
F
Un paxariño que, como ben indica o seu nome, ten a zona do papo de cor "rubio", dun ton vermello.
Era moi pequerrechiño e redondo, pousouse no balado do noso horto e logo paseou por el dando saltiños sobre as súas patiñas, ata que finalmente marchou voando.
Aproveitamos para buscar imaxes deste singular paxaro e dos seus ovos (tema que xa traballaramos o trimestre pasado). Que cor terían? Serían grandes ou pequenos?...
Como atopamos unha imaxe de ovos nun niño, preguntámonos: como farán o niño os paxariños se non teñen mans? Pois recollen pauciños, ramiñas, herbas... co seu pico e lévanas ata as ramas dos árbores, onde, con axuda das súas patas, o construen: son ao mesmo tempo arquitectos e albaneis.
* Calquera ocasión, calquera anécdota é boa para aprender cousas novas do entorno que nos rodea!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.