domingo, 31 de xaneiro de 2016

OBSERVANDO O SOL!

Durante a semana pasada estivemos traballando e aprendendo moitas cousas sobre o SOL, e unha desas cousas foi que NON PODEMOS MIRALO FIXAMENTE xa que nos pode mancar a vista, ata tal punto, que incluso nos podería provocar cegueira.

Pero hai algunha forma de poder observalo? Xa dixemos que as gafas de sol non valían, pero hai "filtros" especiais que nos permiten miralo, durante uns segundos.

IAGO, o venres, trouxo un deses filtros, un CRISTAL DE SOLDADOR (que son os que empregan os soldadores para protexer a vista cando teñen que soldar algo), insertado na tapa dunha caixa de zapatos.


* Este filtro é o mesmo que se emprega para poder observar os ECLIPSES.

Na aula falamos un pouco dese filtro e intentamos mirar a través del, pero... non se vía nada, todo negro, incluso facia un pouco efecto de espello e víamos reflexados os nosos propios ollos... funcionará fóra?

Como o día axudou, e estaba moi soleado e despexado, aproveitamos para observar o sol dende o patio.







Ao mirar a través do filtro, apreciamos unha pequena bola redondiña e de cor verde!... Si, verde! Eso é debido ao filtro.



* Moitísimas grazas á familia de IAGO por facilitarnos este filtro de soldador para poder observar o sol.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.