Para coñecer o espazo, nada mellor que "viaxar por el", e para iso non podemos empregar ningún medio de transporte convencional, temos que facelo nun TRANSBORDADOR ESPACIAL, para levar a cabo unha misión de exploración, observación e aprendizaxe, esta será a...
"MISIÓN FONTIÑAS 2016"
ANXO DOVAL e PEDRO trouxeron TRANSBORDADORES ESPACIAIS. Os dóus era de USA, xa que tiñan a bandeira americana e as súas siglas. Aproveitamos para falar un pouco da NASA, e da súa importancia nas misións espaciais. AROA fixo un COHETE coa súa nai, e XULIA trouxo uns cohetes moi especiais dos que falemos despois.
Observamos varios videos sobre os LANZAMENTOS ESPACIAIS, no que se ve como "lanzan" os transbordadores.
* VEHÍCULO ORBITAL, o que se podería coñecer como orbitador ou nave.
* Dous COHETES ACELERADORES (de combustible sólido), que actúan como propulsores e axundan aos 3 motores da nave.
* Un TANQUE EXTERNO (de cor laranxa, de combustible líquido: hidóxeno e osíxeno líquido).
Os cohetes externos "expúlsanse", sepáranse do resto, antes de entrar en órbita. O tanque xusto antes da inserción orbital.
Nos lanzamentos espaciais para comprobar que todo saia ben, os astronautas están comunicados coa torre de control.
E para lanzar e poñer en órbita os cohetes tivemos que iniciar a CONTA ATRÁS:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.