Remataron as vacacións de Nadal e hoxe tocou volver ao cole para comezar o 2º TRIMESTRE!
Xa botaba de menos aos meus pequechos, por iso recibinos cunha gran aperta e despois escoitei atentamente todo o que tiñan que contar sobre o Nadal...
Pero ademáis de festas, reunións familiares, panxoliñas e agasallos, durante o Nadal aconteceron varias cousas importantes:
* 21 de Decembro: Rematou o Outono e COMEZOU O INVERNO.
* 31 de Decembro: Fin do ano 2015 e COMEZO DO ANO 2016.
Miraron pola fiestra para observar os cambios que esta estación produce no entorno, mais nun día de temporal coma hoxe:
- As árbores perden por completo as súas follas (varios plátanos da rúa están "calvos", coma apuntou algún).
- Chove moito, sopra o vento e o ceo está gris.
- Tamén apuntaron que neva: cando fai moito frío a choiva conxélase e convértese en neve. Nas zonas máis altas, coma as montañas, vai máis frío e por iso neva máis.
Como consecuencia de todo isto, refelxionamos sobre como afecta o inverno en aspectos coma a roupa ou a alimentación:
- Temos que abrigarnos: gorros, luvas, bufandas, abrigos, botas...
- Nas casas quentámonos coa calefacción, con chimeneas...
- Comemos cousas quentiñas para entrar en calor e escorrentar o frío: caldo, sopa, chocolate quente...
Preparamos a nosa ÁRBORE DAS ESTACIÓNS que xa fora perdendo follas durante o outono, así que lle quitamos as poucas que lle quedaban para colocalas no chan.
(Recordamos que as árbores qe perden as súas follas son as de folla caduca, e as que non as perden, son as de folla perenne)
Escoitamos varias cancións sobre o INVERNO, que iremos aprendendo. Aquí vos deixo unha delas, que describe moi ben as características desta estación:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.