martes, 12 de xaneiro de 2016

MÁIS COUSAS SOBRE O ESPAZO

O noso RECUNCHO INFORMATIVO segue medrando con cousiñas do ESPAZO que os pequech@s traen das súas casas!



LIBROS moi interesantes con multitude de información que iremos consultando a medida que abordemos os diferentes aspectos que imos a traballar. 
ELSA trouxo un que xa fora do seu pai e que llo prestou.





Ademáis MATEO trouxo un libro cunhas gafas moi peculiares: unha lente era azul e a outra vermella... gafas 3D. Miramos a través del elas e observaban coma se as imaxes "salisen do libro", igual que cando no cine van a ver unha peli en 3 Dimensións.




Tamén trouxo unha LANTERNA mou especial, xa que proxectaba imaxes do espazo. Apagamos a luz e proxectámolas na pizarra e no teito. Que chulada!




IAGO trouxo un cadro especacular con dous planetas e estrelas que pintou a súa avoa. Menuda artísta!






E trouxo un instrumento fundamental para a observación do espazo: un TELESCOPIO. Quixemos probalo e sacámolo para fora, para mirar o ceo, pero "non vían nada", porque o telescopio emprégase pola noite para observar as estrelas, constelacións, corpos celestes... que se atopa no espazo. 






Ata THALÍA trouxo algo relacionado co espazo para celebrar hoxe o seu cumple: uns platos e unhas servilletas de EXTRATERRESTRES!



Así é como está agora o noso RECUNCHO INFORMATIVO, que de serguro seguirá medrando.




* Agora ensinamos e miramos por riba tanto os libros coma os obxectos, pero deterémonos máis a medida que abordemos cada aspecto concreto, por iso os materias que trouxeron os alumn@s formarán parte do recuncho informativo durante todo o trimestre. 

Moitas grazas familias!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.