Tiñamos moitas ganas de facer o GRAN QUEBRACABEZAS DO ESPAZO que trouxo ANXO CASTRO para o noso recuncho informativo. Como estivo maliño toda a semana pasada, quixemos esperar a que se recuperase para facelo todos xuntos.
Colocamos todas as pezas, e tomando a imaxe da caixa de referencia fómonos fixando en cada parte que compoñía o quebracabezas para ilo facendo pouco a pouco: buscamos as partes do foguete vermello e dos astronautas, logo o alaranxado, despois buscamos os diferentes planetas (e intentamos recoñecelos pola súa cor, tamaño...) constelacións... ata que conseguimos rematalo.
É enormeeeeee!
A partir de agora os alumn@s que vaian ao rechuncho de construcción poderan collelo para realizalo, cando lles apeteza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.