sábado, 9 de xaneiro de 2016

INUNDACIÓN...

Levamos varios días de temporal: vento forte e choiva, choiva e máis choiva... que fixeron que no noso cole apareceran as pingueiras. E xunto unha cadrou enriba da nosas CRISÁLIDAS, que estaban ivernando mentras agardan a chegada da primavera e do bo tempo...

Cando chegamos o xoves das vacacións de Nadal observamos que a urna de cristal na que se atopaban estaba "inundada". Das 6 crisálidas, 4 estaban enganchadas co fío  de seda ás paredes (as de cor verde), pero había 2, as que se escaparan cando eran eirugas, que fixeran a crisálida fora da urna e caeran, polo que estaban apoiadas no fondo e a súa cor era marrón, esas estaban empapadas...



Secamos a urna e quitamos as ramiñas de fiuncho que podreceran por mor da auga.


Agora so nos queda agardar e ver se este incidente lles afectou... Aguantarán as nosas crisálidas?  


Teremos que deixar que pasen os meses para averigualo...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.