Na carreira espacial hai dous grandes paises que destacan tanto polas misións realizadas coma polas grandes hazañas que conseguiron: primeiro home en viaxar ao espazo, primeiro home en pisar a lúa... Estes dous países son ESTADOS UNIDOS e RUSIA.
Para saber onde quedaban empregamos un MAPA. Primeiro buscamos o país no que vivimos: ESPAÑA. Despois situamos E.E.U.U. e RUSIA. Tamén empregamos un globo terráqueo para situalos, xa que así é moito máis realista, xa que o noso planeta, a Terra, ten forma de esfera.
Fixámonos que non estamos no medio do dous, mirando o mapa, E.E.U.U. queda á nosa esquerda e Rusia á nosa dereita.
Buscamos a súas bandeiras e comparámolas, para despois realizar unha actividade impresa na que recortamos as bandeiras e situámolas en cada país.
* Casualidades da vida, hoxe JONÁS traía unha sudadeira que na espalda tiña a bandeira de E.E.U.U. , e cando o pai de RAÚL veu a buscalo ao mediodía traía unha cazadora que tamén tiña esta bandeira!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.