Sen dúbida O ESPAZO é un tema que da moito para si. Ten "infinitas posibilidades" igual que a súa extensión. Por iso cada día recibimos máis aportacións para o noso Recuncho Informativo, novidosas, chamativas, interesantes...
AROA trouxo un póster sobre o espazo no que aparecían múltiples elementos que xa imos recoñecendo.
ANXO CASTRO entrou na aula cun maletín moi "espacial" que no seu interior gardaba un enorme puzzle do espazo. (Como hoxe nos quedamos sen tempo, comezaremos a realizalo a semana que ven).
IAGO tamén trouxo un montón de cousas interesantes:
* Dous libros:
- O conto de "A que sabe a lúa?"
- Un conto sobre O UNIVERSO que cando o abrimos non logramos ver nada... as páxinas estaban en branco? Non éramos capaces de ver nada, pero ao pasar os dedos notábamos algo rugoso, e máis de preto parecía que se intuía algo nunha cor amarela un tanto peculiar... ere FOSFORESCENTE! O que quere dicir que so se pode ver na escuridade. Así que tivemos que buscar escuridade total para poder velo!
* Un traxe de ASTRONAUTA, xa que para viaxar ao espazo temos que levar unha vestimenta especial.
* E algo que nos sorprendeu moito: COMIDA PARA ASTRONAUTAS. Unhas bolsiñas que contiñan xeado. Que pasada! (De novo por mor do tempo, probarémolo para a semana).
Mirade que pasada de video no que se ve como comen os astronautas no espazo. Incrible!
Comezamos a falar da GRAVIDADE: como nos atrae a forza da gravidade na Terra e como inflúe a súa ausencia no espazo.
Así de chulo está o noso RECHUNCHO DO ESPAZO despois de recibir hoxe as novas aportacións. Mil grazas a todas as familias pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.