Como xa sabedes, dentro do Espazo, agora tocounos centrarnos un pouco no SISTEMA SOLAR, e comezamos polo medio e medio, xusto polo centro, polo "elemento" que lle da o nome...
O primeiro que fixemos foi colocarnos en pequenos grupos, coller os libros que os pequech@s trouxeron das súas casas, e poñernos a buscar información sobre o sol. Unha vez que a atoparon lemos un mónton de cousas interesantes:
* O sol é unha estrela que brila con luz propia.
* É o centro de sistema solar.
* En torno a el xiran os planetas. Exerce sobre eles unha forza de atracción, que fai que orbiten ao seu arredor e non se alonxen polo espazo.
* O sol parece parece moito máis grande e máis brillante que as demais estrelas porque se atopa moi preto de nós.
* Visto dende a Terra, o Sol é unha gran bola amarela, pero de preto, a súa superficie é unha gran extensión de gas ardente, na que se producen múltiples explosións que proxectan chamaradas.
* O Sol está a 150 millóns de Km da Terra (Nun avión a reacción, tardaríamos 17 anos en chegar). Esta distancia é a idónea, xa que non estamos demasiado preto para queimarnos, nin demasiado lonxe para ter moito frío; por ese motivo hai vida na Terra.
* Na súa superfície acádanse os 6.000 ºC, e no seu núcleo 15 millóns de ºC (puxemos o exemplo de que cando no verán con máis de 30 ºC pasamos moita calor, e que a 100ºC ferve a auga e xa nos queima, para que imaxinasen que sería imposible achegarse ao Sol).
* Non podemos miralo directamente, nin sequera con gafas de sol, xa que "brilla" tanto que nos mancaría os ollos, incluso podería deixarnos cegos.
Comezamos a facer SOL empregando: un globo, unha mestura de cola branca con auga e papel de cociña...
Mañán comprobaremos se secou para pintalo e rematalo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.