luns, 11 de xaneiro de 2016

O NOSO NOVO PROXECTO: O ESPAZO

Durante este segundo trimestre levaremos a cabo un novo proxecto sobre...




Hoxe comezamos a recibir material sobre o tema, que os pequech@s trouxeron das súas casas, para montar o noso "RECUNCHO INFORMATIVO DO ESPAZO".



O primeiro paso de todo proxecto son as IDEAS PREVIAS que os alumn@s teñen do tema que se vai a traballar, neste caso, O ESPAZO.

Primeiro contestamos á pregunta QUE SABEMOS DO ESPAZO?. Estas foron algunhas das respostas:

* O espazo é onde hai moitos planetas.
* Hai 2 planetas, un é moi frío porque está lonxe do sol e outro que está quente porque está preto do sol.
* No espazo hai estrelas.
* As estrelas poden queimar se te achegas moito.
* No espazo hai escuridade.
* Hai que levar unha lanterna para poder ver na escuridade.
* Hai unha lúa.
* Non hai gravidade.
* Hai cohetes  nos que viaxan os astronautas.
* Os astronautas teñen que levar un traxe especial.
* Non poden estar moito tempo fora.
* Porque se lles acaba a gravidade do casco.
* Nos planetas hai casas para que vivan os astronautas.
* Hai algúns planetas nos que non se pode vivir.
* Hai alieníxenas.
* Levan naves espaciais.
* No espazo hai alieníxenas que van nun "platillo voante" e teñen unha anteniña arriba.
* Os alieníxenas non existen.
* Os marcianos non existen.
* Si que esxisten os alieníxenas.

A verdade e que os nen@s xa coñeceb cousas sobre o tema, pero ademáis sairon ideas moi interesantes. O espazo esperta a curisidade dos pequech@s e sóelles gustar moito.

Tamén realizaron un debuxo de "COMO PENSO QUE É O ESPAZO?" que será o punto de partida do proxecto, que rematará con outro debuxo, unha vez traballemos e aprendamos cousas sobre o espazo. Compararémolos para ver que sabíamos e canto aprendemos. 













Despois pensamos QUE QUEREMOS APRENDER SOBRE O ESPAZO?. Algunha cousas que queren aprender son:

* Onde está Saturno?
* Onde está o planeta Plutón?
* Como se fixeron as naves espaciais?
* En que parte do espazo está a lúa?
* Por que non se pode ir escalando cara arriba ao espazo?

A estas e a outras moitas preguntas darémoslle resposta ao longo do proxecto.

* Pido a vosa colaboración aportando materiais sobre o espazo que teñades: libros, contos, posters, imaxes, debuxos realizados polos nenos ou a familia, obxectos, xoguetes...

Moitas grazas pola vosa colaboración.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.