Chegou o luns, un luns que ademais de supoñer o comezo dunha nova semana, tamén supón o inicio dun novo mes. Deixamos atrás XANEIRO, o primeiro mes do 2016, para darlle paso a FEBREIRO, un mes especial, xa que é o mes máis curto de todos; xa que o resto de meses teñen 30 ou 31 días mentres que el so ten 28, aínda que este ano, por ser BISIESTO, FEBREIRO terá 29 días!
Despois de traballar todo isto no noso calendario, SARA, abriu a mochila viaxeira, que estivo na súa casa durante a semana pasada para ensinarnos o que escribiu no DIARIO e contarnos que tal foi a experiencia.
Os libros que máis lle gustaron foron o conto e a enciclopedia:
* O conto de "Sacapenas" recordoulle a que ela tamén se acostaba con algunha preocupación, por iso os seus pais lle fixeron un par de sacapenas cos que durmiu e que hoxe trouxo á clase.
* Da enciclopedia de "O río e a lagoa" encontoulle unha salamandra, e Sara marchou de expedición ao Monte Pedroso para ver se atopaba unha, e para observar o paisaxe, a flora e a fauna que hai alí, e levou a súa cámara de fotos para inmortalizalo todo.
Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a casa de XULIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.