Onte chegou a FONTIÑAS un ENTROIDO moi especial, pois todos os disfraces xiraban en torno ao ESPAZO!
As familias deixáchedes voar a vosa imaxinación e creáchedes disfraces super orixinais e espectaculares.
Estes son os disfraces dos meus pequech@s:
Coma o tempo acompañou, preparamos a festa ao aire libre, na zona do areeiro.
Recibimos ás familias colocados, cal coro, na rampa de baixada, onde posteriormente, interpretamos a canción de "LÚA" de María Fumaça.
Algunhas nais e pais tiñánnos unha pequena sorpresa preparada: viñeron disfrazados tamén coa temática d espazo. Estában xeniais!
Moitas grazas polo globo-OVNI que nos agasallaron e presidía a decoración do patio.
Todos xuntos gozamos dun aperitivo de media mañán con productos típicos do entroido que as familas elaboraron: orellas, filloas, rosquillas... Todo estaba delicioso!
Ademáis de comer, bailar e xogar, tamén houbo un taller de maquillaxe para pintar aos nen@s.
* Moitísimas grazas a todas as familias pola axuda e participación. Espero que fose un gran día para vós e os pequech@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.