luns, 22 de febreiro de 2016

MOCHILA VIAXEIRA: MARTA

Despois de pasar toda a semana na casa de MARTA hoxe, a MOCHILA VIAXEIRA voltou á aula cargada de experiencias, todas as que viviu xunto con Marta e a súa familia. 

Xunto co DIARIO, Marta trouxo unha caixiña chea de follas e froitos que recolectara nunha "excursión" que fixo coa súa familia ao río de Luou. Observámolas e comparámolas todas para aprezar as diferenzas e similitudes. 



Mirade que debuxo tan chulo fixo Marta da súa saída ao río.






O seu libro favorito foi "SACAPENAS", tanto lle gustou que tivéronllo que ler varias veces. No diario había unha foto na que Tania, a súa irmá, lle contaba o conto, mentres Marta e a súa cadela Lola escoitaban atentamente.







Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a casa de AROA





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.