luns, 1 de febreiro de 2016

PROBAMOS COMIDA DE ASTRONAUTA


Hai uns días IAGO trouxo unha bolsiña con COMIDA DE ASTRONAUTA, pero coma tivemos varias "baixas" por enfermidade de algúns compañeiros, estivemos agardando a estar todos para probala... E hoxe chegou o día!

Primeiro tocamos a bolsa (que viña envasada ao baleiro) para comprobar como era ao tacto: se estaba dura, branda, en estado sólido, líquido...

Abrimos a bolsa, e comprobamos que había outra bolsiña branca dentro, que era a que contiña o "ICE CREAM SANDWICH". 





Despois cheirámola e probámola.



Sentímonos como verdadeiros ASTRONAUT@S!

Voltamos a ver o video no que un astronauta da NASA nos explica como se come no espazo. Deíxovos de novo o enlace por si queredes vover a velo cos vosos peques.



* Moitísimas grazas á FAMILIA DE IAGO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.