Hoxe XULIA trouxo unha información moi interesante que relacionaba a orixe do nome dos DÍAS DA SEMANA co nome dos PLANETAS do noso sistema solar.
Lemos a información, para introducir o tema, e despois intentamos "adiviñar" que planeta se relacionaba con cada día da semana, axudándonos da "sonoridade".
Tiña unha actividade preparada para levar a cabo nos días vindeiros, pero xa que Xulia trouxo esta información, aproveitamos para realizala, pois hai que sacarlle o máximo partido á motivación que aparece cando son os propios alumn@s os que xeran a "chispa" do coñecemento.
No HORARIO que temos no noso mural no que realizamos as rutinas de entrada, fomos colocando, debaixo de cada día, a imaxe do planeta ou corpo celeste do que recibe o nome.
LUNS: "dies Lunae" DÍA DA LÚA
MARTES: "dies Martis" DÍA DE MARTE
MÉRCORES: "dies Mercurii" DÍA DE MERCURIO
XOVES: "dies Jovis" DÍA DE XÚPITER
VENRES: "dies Veneris" DÍA DE VENUS
SÁBADO: "dies Saturni" DÍA DE SATURNO
DOMINGO: "dies Solis" DÍA DO SOL
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.