luns, 22 de febreiro de 2016

QUE SEI EU DO ESPAZO?

Hoxe os nosos ALUMN@S EN PRÁCTICAS, quixeron realizar coas clases de 4 anos unha actividade para detectar que nivel de coñecemento teñen os nosos alumn@s do espazo. Querían conseguir que os pequech@s recapitulasen e estructurasen (feedback) toda a información que levamos traballada durante o desenvolvemento do proxecto.


Baixo a pregunta QUE SEI EU DO ESPAZO? fixeron unha chuvia de ideas, logo clasificáronas e elaboraron un mapa conceptual.




Despois de todo o traballo colectivo, a nivel individual os alumn@s realizaron unha actividade impresa na que debuxaron e intentaron darlle nome ao que eles "sabían do espazo"



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.