Ao realizar as nosas rutinas de entrada, decátamonos que no día de hoxe, 24 de FEBREIRO había unha estrela, que é a que nos indica que ten lugar algún evento importante, neste caso o...
Como xa puidéchedes observar na publicación de onte, levamos varios días traballando a figura desta gran escritora da nosa terra, da súa vida, da súa obra, e algún poema en particular.
Ademais de traballar co poema de "Fun o domingo..." relacionándoo co noso proxecto do espazo, tamén traballamos o poema de "ALBORADA"; recitámolo e escoitamos varias versións musicais (tanto instrumentais coma cantadas) que diferentes artístas versionaron.
Analizamos a temática deste poema, no que Rosalía relata como se produce a ALBORADA, o amanecer, como remata a noite para comezar o día, e algo identificativo deste momento é o cantar dos paxariños.
Elaboramos unha POSTAL na que cada pequeno debuxou unha imaxe relacionada cunha parte concreta deste poema:
Estes paxariños tiñan ganas "de saír voando" cara as casas dos pequech@s. Para iso escribimos a dirección e colocamos un selo en cada postal; ademais de colocar unha caricatura de Rosalía para honrala no seu día.
Pero como facíamos chegar as postais a cada fogar? Pois esperamos a que escampara e saimos do cole na busca dun BUZÓN DE CORREOS.
Primeiro paramos no ESTANCO para mercar algún SELO que faltaba. E despois entramos en ÁREA CENTRAL onde atopamos rapidamente o BUZÓN.
Examinamos que tiña unha "ranura" para depositar as postais que caen dentro dun saco... pero como saca de ahí as cartas e postais o CARTEIRO para logo levalas a CORREOS... pois hai unha portiña traseira para retiralas.
Logo voltamos ao cole. Unha saída xenial para conmemorar dun xeito diferente o DÍA DE ROSALÍA.
Analizamos a temática deste poema, no que Rosalía relata como se produce a ALBORADA, o amanecer, como remata a noite para comezar o día, e algo identificativo deste momento é o cantar dos paxariños.
Vaite, noite
vai fuxindo.
Vente aurora,
vente abrindo,
co teu rostro,
que, sorrindo,
¡a sombra espanta!
¡Canta,
paxariño, canta
de ponliña en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,
polo verde monte,
alegrando as herbas,
alegrando as fontes.
¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!
Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.
¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.
¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
Estes paxariños tiñan ganas "de saír voando" cara as casas dos pequech@s. Para iso escribimos a dirección e colocamos un selo en cada postal; ademais de colocar unha caricatura de Rosalía para honrala no seu día.
Pero como facíamos chegar as postais a cada fogar? Pois esperamos a que escampara e saimos do cole na busca dun BUZÓN DE CORREOS.
Primeiro paramos no ESTANCO para mercar algún SELO que faltaba. E despois entramos en ÁREA CENTRAL onde atopamos rapidamente o BUZÓN.
Examinamos que tiña unha "ranura" para depositar as postais que caen dentro dun saco... pero como saca de ahí as cartas e postais o CARTEIRO para logo levalas a CORREOS... pois hai unha portiña traseira para retiralas.
Cada alumn@ depositou a súa POSTAL no BUZÓN.
Logo voltamos ao cole. Unha saída xenial para conmemorar dun xeito diferente o DÍA DE ROSALÍA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.