Como cada luns a MOCHILA VIAXEIRA regresou á nosa aula despois de pasar uns días na casa de XULIA.
Xulia contounos que toda a familia pasárono en grande cos libros da mochila. E así o puidemos observar nas fotos que incluiron no DIARIO acompañadas do texto no que nos contaban todo o que fixeron.
Coma o libro que máis lle gustou foi "MARCO POLA", e Xulia tamén é moi aventureira, seguiu unha nota que a lúa pirata lle deixou para atopar a chave que abria un cofre que se atopaba na habitación dos seus pais e contiña un montón de cousas: unha cámara, uns prismáticos, un caderno cun lápis para tomar nota de todo o que observando nas súas aventuras, e... MOEDAS DE CHOCOLATE para compartir con todos os seus compañeir@s!
Ademais a lúa pirata tamén lle deixou un MAPA, para poder atopar unha ave que Xulia viu no libro de "O RÍO E LAGOA", o Picapeixe.
Xunto co seu pai, seguiron o mapa, e chegaron ao río, onde atoparon un montón de cousas: plantas acuáticas, flores, cogomelos, un niño, unha pluma... pero non puideron ver o picapeixe. Unha magoa! A ver se teñen sorte outro día!
Sen dúbida sacáronlle un gran partido á mochila viaxeira. Noraboa familia! E moitas grazas polas moedas de chocolate.
Esta semana a mochila viaxeira marcha para a casa de MARTA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.