Nesta semana temos un día importante marcado no noso CALENDARIO. Mañán é 24 de Febreiro, unha data moi especial, sobretodo para os galegos, xa que é o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
Por ese motivo levamos dende a semana pasada aprendendo cousas sobre esta gran poetísa.
Como ben sabedes, estamos realizando un traballo sobre o ESPAZO, e por iso quixemos buscar si había algúnha poesía de Rosalía sobre este tema. E o poema número 7 de "Cantares Gallegos" (un dos seus libros máis representativos) fai alusión a aspectos que podemos realcionar co noso proxecto.
O primeiro que fixemos foi ler o poema enteiro para intentar identificar sobre que trataba e que "elementos espaciais" aparecían.
* A parte do poema que se relaciona directamente co espazo é a parte na que Rosalía describe que chega a noite, que está a lúa e o no ceo as estrelas son as que guían o seu camiño.
Dividimos o poema en 4 partes ben diferenciadas e fixemos 4 EQUIPOS para que cada un se encargase de unha parte.
Ao ler o poema decatámonos que Rosalía describe un CAMIÑO que vai percorrendo, dende que sae pola tarde ata que ao día seguinte chega ao muíño.
Con cada equipo analizamos a parte de poema que lle tocaba representar: reflexionamos sobre que elementos destacan para así poder plasmalos nun debuxo. Dentro de cada equipo, de maneira consensuada, repartiron as tarefas e decidiron que debuxaría cada quen. Traballaron conxuntamente e colaboraron todos no resultado final.
Ademais de aprender a traballar en equipo, de repartir as tarefas en función das habilidades de cada un, tamén traballamos o feito de que para poder rematar todo o traballo, ademais do seu equipo, era preciso a continuidade dos demais equipos. De feito, o primeiro que fixo cada equipo, foi representar o camiño, continuando o camiño que fixera o equipo anterior, ata chegar ao final.
EQUIPO 1
EQUIPO 2
EQUIPO 3
EQUIPO 4
Fun un domingo,
fun pola tarde,
co SOL que baixa
tras dos pinares.
cas nubes brancas
sombra dos ánxeles
cas palomiñas
que as alas baten
con un batido
manso e suave,
atravesando
vagos celaxes,
mundos extraños
que en raios parten
ricos tesouros
de ouro e diamante.
Pasín os montes,
montes e valles;
pasín llanuras
e soledades:
pasín os regos,
pasín os mares
cos pés enxoitos
e sin cansarme.
Colleume a noite,
noite brillante,
cunha LUNIÑA
feita de xapes,
e fun con ela
camiño adiante
cas ESTRELIÑAS
para guiarme,
que aquel camiño
sólo elas saben.
Dempois a aurora
co seu sembrante
feito de rosas
veu alumbrarme,
e vin entonces,
antre o ramaxe
de olmos e pinos,
abocexarse
branca casiña
con palomare
donde as pombiñas
entran e saien.
Nela se escoitan
doces cantares,
nela garulan
mozos galantes
cas rapaciñas
de outros lugares.
Todo é contento,
todo é folgare
mentras a pedra
bate que bate
mole que mole,
dálle que dálle,
con lindo gusto
faille compases.
Non ha sitiño
que máis me agrade
que aquel muíño
dos castañares,
donde hai meniñas,
donde hai rapaces
que ricamente
saben loitare;
donde rechinan,
hasta cansarse
mozos e vellos,
nenos e grandes,
e, anque non queren
que aló me baixe,
sin que o soupera
na casa naide,
FUN Ó MUÍÑO
DO MEU COMPADRE;
FUN POLO VENTO
VIN POLO AIRE.
Unha vez feito o camiño, cada equipo debuxou a súa parte do poema.
Ao rematar, fixemos unha "posta en común", na que cada equipo lle explicou ao resto o que representaran.
Pero quen camiñará por ese camiño?
Pois Rosalía e nós. Así que cada alumno debuxouse camiñando (puxéronlle corpo as fotos da súa cara), e colocáronse no tramo de camiño que realizaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.