luns, 29 de febreiro de 2016

CASA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe CLAUDIA chegou ao cole cunha bolsiña moi especial! Por fóra había unhas letras que poñían... CASA - MUSEO ROSALÍA DE CASTRO!

Claudia tivo a sorte de ir á ver a Casa de Rosalía de Castro esta fin de semana coa súa nai, o seu pai e súa prima Sara. A semana pasada estivemos falando sobre esta poetisa tan importante para as Letras Galegas, e entre as cousas que aprendemos da súa biografía, falamos sobre a súa casa en PANDRÓN, que hoxe en día se converteu nun museo que calquera pode visitar. E a familia de Claudia animouse!

Claudia contounos como era a casa, que cousas había, que foi o que máis lle gustou... e troúxonos, dentro desa bolsiña, un documento con información da casa-museo, e un libriño que contiña algúns fragmentos da obra de Rosalía. 


Ao tempo que lemos o documento informativo da CASA-MUSEO de ROSALÍA DE CASTRO, buscamos no ordenador as imaxes para poder observalas mellor na pantalla de proxección. Mentres Claudia íanos comentando a súa visita.





O camiño da entrada, o blacón, os xardíns, a viña, as flores...






A habitación de Rosalía coa cama, o salón, a cociña...




Dentro do libriño localizamos unha poesía, e lemos un anaquiño da súa obra "EN LAS ORILLAS DEL SAR".

Moitísimas grazas a Claudia e a súa familia por compartir con todos os compañeir@s unha visita tan especial!

* Completar e complementar as aprendizaxes iniciadas no cole con experiencias coma estas dende a casa, sen dúbida, é algo incriblemente beneficioso para os pequech@s.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.