martes, 1 de marzo de 2016

ARTISTAS POLO CHAN!

No cole ademais da creatividade individual tamén traballamos a grupal, e que mellor maneira que "tirar" un anaco de papel continuo no chan, colocar unhas cantas ceras de diferentes cores e deixar que se expresen libremente dun xeito diferente e nun espazo que non é o habitual.


Ao estar tan xuntos e ter un espazo común, tratábase de que entre os alumn@s que estaban preto, acordasen que debuxar entre todos e que así se axudasen entre eles e colaborasen para mellorar o resultado final. 



Así quedou esta "obra de arte" improvisada!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.