Onte os nosos mestres en prácticas, Esteban e Zaida, presentáronlle aos pequech@s as ESTRELAS, para o que levaron a cabo a técnica de "compara-contrasta" para introducir o tema e despois realizaron unha actividade de búsqueda da información por equipos.
Hoxe continuamos con este tema e realizamos varias actividades prácticas (partindo do aprendido onte, que previamente retomaron e repasaron con eles).
Primeiro pedíronlle aos pequech@s que debuxasen unha estrela, coma el@s quixeran.
Recortáronas e puxéronas todas enriba dunha mesa. Observáronas e realizaron unha clasificación, agrupándoas segundo as súas similitudes.
Despois presentárolle unhas 3 imaxes de estrelas que se diferenciaban polo número de puntas (que contaron). A imaxe que habitualmente asociamos cunha estrela, non se corresponde coa realidade, pero cunha cera branda branca, bordearon a estrela marcando a súa silueta, e así decatáronse porque se son debuxar as estrelas así.
Na hora da merenda, tamén apareceron estrelas, nas galletas de MARTÍN!
Recordamos os instrumentos, que no seu día, trouxeron IAGO e SARA, relacionados coas estrelas e coa astronomía: o TELESCOPIO e o PLANISFERIO.
Unha vez traballado coas estrelas, pasamos ás CONSTELACIÓNS: grupos de estrelas con forma de persoas, animais ou cousas.
Observamos varias imaxes das constelacións máis coñecidas: o carro, a osa maior, a osa menor, a constelación de orión... e visionamos varios videos relacionados con este tema, entre eles este:
MATEO comentounos que a fin de semana pasado, nun viaxe que fixo a Madrid, foi ao PLANETARIO, onde apagaron as luces e no teito viu as estrelas e as constelacións, e a que máis lle gustou foi unha que tiña forma de león. (Ademais miramos e lemos o panfleto informativo que Mateo trouxo sobre o planisferio)
Cada nen@ empregou a súa imaxinación para inventar unha constelación: as estrelas eran gomets que despois uniron empregando cera branca. Cada pequech@ púxolle nome á súa constelación en función do que quixeron representar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.