Onte aprendemos varias cousas sobre as PIÑAS a través da observación e experimentación. E hoxe quixemos darlle unha volta máis ao experimento de onte...
A piña que se pechara, deixámola no recipiente con auga, e hoxe pola mañá sacámola, escorrémola (para sacarlle o exceso de auga) e puxémola enriba do radiador, para que se secase e así comprobar que pasaría... ???
Ao longo da mañán observamos o proceso, e puidemos comprobar como a piña a medida que se secaba se abría.
Pensamos: quen lle pode dar calor ás piñas cando están nos piñeiros?... O SOL!
Conclusións ás que chegamos tras a realización dos dous experimentos:
* Coa auga PÉCHANSE
* Co calor ÁBRENSE
Pero... alén de aprender cousas sobre as piñas, a finalidade de que os pequech@s as trouxeran ao cole, era para...
Os xoves é o día no que "desdobramos" a clases en dous grupos para realizar diferentes "talleres" coa axuda da profe Rocío.
Por parellas untaron as piñas con crema de cacahuete e despois botáronlle sementes (para que se pegaran e non caeran).
Logo colgamos as piñas-comedeiros ao redor do cercado do cole.
Agora solo queda agardar a que os paxariños se acheguen a comer e así poder observalos.

REALIZAR COMEDEIROS PARA PÁXAROS!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.