Hoxe era un día especial por varios motivos, que tiñan que ver coas DESPEDIDAS!
* Despedimos o 2º TRIMESTRE que hoxe remataba dando paso ás vacacións de PASCUA.
* E despedimos aos nosos "mestres en prácticas": ESTEBAN e ZAIDA.
Tanto os pequech@s, como as mestras, tivemos o pracer de compartir o seu período de prácticas, no que se involucraron ao 100%. Entraban con un sorriso contaxioso cada día, con ganas de aprender e de traballar.
Conectaron moito cos pequech@s que hoxe estaban apenados pola súa marcha, e quixeron facerlle unhas TARXETAS DE DESPEDIDA.
Zaida e Esteban tamén lle tiñan preparada unha pequena FESTA SORPRESA, para facer a despedida máis doce.
Dende aquí quero darlle as grazas aos dous pola súa total implicación e axuda e mostrarlle a miña pena porque teñan que marcharse ca que se me fixo curta a experiencia e encantaríame telos con nós ata o remate do curso. Sodes estupendos!
Moitísima sorte na vosa carreira! E voltade cando queirades de visita que as nosas portas estarán sempre abertas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.