ANXO CASTRO trouxo un pequeno GLOBO TERRÁQUEO. Aproveitamos para situar o noso pais, España, e a nosa comunidade autónoma, Galicia. Despois situamos tamén E.E.U.U. e Rusia, paises cos que traballamos no proxecto do espazo, observando que nos atopamos no medio dos dous.
Tamén fixemos xirar o globo terráqueo sobre si mesmo, para simular o movemento de rotación da Terra.
Comparamos o globo terráqueo de Anxo co que temos no noso recuncho do espazo, xa que ademais de no tamaño, os globos diferéncianse en que nun aparecen divididos os paises, mentres que no outro aparece o relevo: montañas, ríos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.