Hoxe chegou ao cole unha POSTAL moi especial... Sabíamos que se trataba dunha postal, porque traballamos este formato de correspondencia para conmemorar o día de Rosalía de Castro, no que cada pequech@ enviou unha postal á súa casa.
O primeiro no que nos fixamos foi a imaxe da cidade que tiña a postal; de que lugar se trataba? A foto era de... NEW YORK!
Quen nos podía enviar unha postal dende Nova York? Pois a TEACHER PATRI, a nosa mestra de inglés, que hai máis de dous meses marchou a realizar un curso formativo de perfeccionamento do idioma.
"Ola ne@s!
Son eu, a profe Patri.
Como sabedes estou vivindo en Nova York,
unha cidade moi bonita de U.S.A. Regresarei a Santiago moi pronto.
Como estades? Espero que estedes ben!
Mándovos unha aperta forte!
Quérovos!!! Bicos."
Casualmente a cidade de Nova York está nun pais que xa coñecemos do noso proxecto sobre o espazo: ESTADOS UNIDOS (U.S.A.); lembramos que era un dos paises máis importantes en canto a misións espaciais, entre elas a do Apolo 11, levada a cabo por Armstrong, Aldrin e Collins.
Buscamos U.S.A. no mapa, e situamos a cidade de Nova York.
Proxectamos imaxes de varios lugares destacados desta cidade:
* Falamos dos seus RAÑACEOS, edificios tan altos que por eso reciben ese nome, xa que parece que tocan o ceo.
* Observamos a emblemática rúa de TIMES SQUARE, chea de luz cos seus anuncios de publicidade e con moitos taxis de cor amalera, tan característica.
* A PONTE DE BROOKLYN, unha das varias que conecta a cidade.
* E a mundialmente coñecida ESTATUA DA LIBERDADE.
Moitas grazas a Patri por enviarnos a postal, que ademais de servirnos para ter noticias dela e saber que voltará pronto, tamén nos valeu para coñecer un pouquiño sobre a cidade de Nova York.
DEICA PRONTO TEACHER PATRI!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.