luns, 7 de marzo de 2016

MOCHILA VIAXEIRA

Hoxe MARIO entrou entusiasmado na aula coa MOCHILA VIAXEIRA, con moitas ganas de contarnos as súas experiancias durante a semana con todos os libros que a mochila contén. 



Abrimos o diario e ademais de lelo, Mario foinos contando, a través das fotos, todo o que fixo.




* Como o libro que máis lle gustou foi o de "O RÍO E A LAGOA", Mario e a súa familia realizaron unha excursión ao Monte Pedroso para observar a flora e a fauna do entorno e comprobar se algunha coincidía coas do libro; e así foi! Atoparon un lirio amarelo, un tritón, insectos... 



Tamén aproveitaron para ir ao Museo de Historia Natural, no que entre todos os animais e vexetais a Mario encantáronlle as rás e o picapeixe. 


Troúxonos un "folleto" informativo do museo, no que aparecían imaxes sobre o que se pode ver nel. Ademais había unha imaxe do sistema solar, no que aparecían meteoritos, e que Mario tamén puido ver na exposición. 


* Outro dos libros que máis lle gustou a Mario foi o "SACAPAENAS", que lles fixo abrir o "baúl dos recordos" para buscar unha boneca da súa nai, que mercara nunha feira de artesanía, e que ao ler o conto, decatouse que se trataba dun sacapenas.

Mario pasouno en grande e sacoulle o máximo partido á mochila, xenial!




Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a casa de ANXO CASTRO!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.