martes, 8 de marzo de 2016

8*MARZO*16: DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Hoxe foi un gran día, cheo de emocións e actividades adicadas á...

MULLER TRABALLADORA!




Xa comezamos a semana falando sobre a figura dunha muller do barrio de Fontiñas que ten un recoñecemento mundial na súa profesión: VERO BOQUETE.


Unha futbolista de élite que comezou a súa carreira dende nena e agora, aos seus 28 anos está entre as mellores xogadoras do mundo, como así o deixa ver a súa nominación ao balón de ouro.

Pero por desgraza, o fútbol feminino non ten a mesma repercusión que o masculino. Aspecto contra o que Vero intenta loitar cada día, para superar estas "barreiras mentais" que ten a nosa sociedade


Comezou a súa carreira na nosa terra, pasou por Zaragoza, Barcelona, Estados Unidos, Suecia, Rusia... e actualmente xoga en ALEMAÑA no Bayern de Múnich.


Casualidades da vida, hoxe SARA chegou de pasar uns días neste país, Alemaña, onde foi a visitar aos seus avós. Aproveitamos para situalo no mapa, e recordar onde se atopaban E.E.U.U. e Rusía (paises que xa coecíamos por destacar nas súas misións espaciais, proxecto que estamos a realizar este trimestre).

Vero tivo a amabilidade de enviarnos un video adicado especialmente aos pequech@s.





Aproveitando a figura de Vero Boquete neste deporte hoxe tivemos no cole unha sorpresa...

O VISTA ALEGRE FEMININO FUTSAL (equipo do que formo parte) pasamos a mañán cos pequeñ@s, falándolle un pouco deste deporte, do noso equipo en concreto, e o máis importante xogando con eles.



Penso que foi unha experiencia inolvidable tanto para os peques como para o equipo!




FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLADORA! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.