Sabendo que o bo tempo en Santiago non dura moito, hoxe aproveitamos que as nubes aínda non traían choiva, para realizar unha pequena saída ao MIRADOR DE FONTIÑAS.
Saímos do cole e comezamos a camiñar... e a medida que subíamos cara o mirador, localizamos o noso cole: o edificio de primaria, e o noso, o de infantil.
A nosa primeira parada foi para tomar o "aperitivo" de media mañán.
Cal é a finalidade dun mirador? Pois poder gozar das súas vistas. Así que collimos os prismáticos para podes ver todavía mellor e máis de preto: o barrio de fontiñas (tod@s intentaban buscar a súa casa), área central, as cancelas, a policía autonómica, o cole, as torres da catedral...
Despois xogamos un pouco na parte de arriba de todo.
Ata nos fixamos en diferentes sinais que nos fomos atopado polo camiño: o de prohibido beber-auga non potable, o de prohibido levar cans soltos...
E de volta ao cole. Dende o areeiro fixámonos no camiño e nas paradas que realizamos horas antes.
Pasámolo xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.