sábado, 5 de marzo de 2016

MARZO: UN MES ESPACIAL!

Esta semana comezou o mes de MARZO, un mes no que aconteceran moitos "acontecimientos astronómicos", que estivemos comentando na aula, xa que están intimamente relacionados co proxecto que estamos a desenvolver este trimestre.

Todo isto acontecerá neste mes:

Un METEORITO
Unha SUPER LÚA
Un ECLIPSE SOLAR
XÚPITER


* Hoxe mesmo (sábado 5 de Marzo do 2016) o asteroide 2013 TX68 pasará preto do noso planeta. 



O 8 de marzo terán lugar os demais acontecementos astronómicos:


* Poderemos observar unha fermosa lúa chea (se o tempo no lo permite) máis grande e brilante do normal.

ENLACE: SUPERLÚA





* Ao observar o ceo, o planeta XÚPITER, veráse a simple vista.









* Terá lugar un ECLIPSE SOLAR, pero por desgraza, dende onde vivimos non será posible observalo. 


ENLACE: ECLIPSE SOLAR

Con axuda dun dos sistemas solares móviles que temos no noso recuncho do espazo, expliqueilles cando se produce un eclipse solar: cando a lúa se coloca entre a Terra o Sol


Recordamos que para velo, NON podemos observalo a simple vista, xa que nos faríamos moito dano nos ollos, e recordamos o filtro de soldador que trouxera IAGO e co que observáramos o sol días atrás.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.