martes, 15 de marzo de 2016

CULLARAPOS

Coma os CULLARAPOS que onte trouxo ANXO CASTRO espertaron tanta expectación decidimos deixalos durante esta semana na aula para poder observalos e ver se se produce algún cambio no seu proceso de metamorfose. (Unha pena que xa remate o trimestre, posto que coas vacación de Pascua de por medio temos que interromper esta observación, pero se podemos retomarémolo á volta, e incluso plantexaremos un pequeno proxecto que xire en torno aos cullarapos).

Pero non podíamos deixar os cullarapos nun tarro tan pequechiño, posto que non estarían cómodos, pois precisan de espazo para poder nadar. Ademais Anxo trouxo cunha botella de auga que recolleu onte no río Sarela, para poder botarlla, pois coa auga da villa morrerían.


Buscamos un recipiente de maior tamaño e transparente, para poder observalos mellor, ao que lle botamos a auga de río e despois "trasladamos" os cullarapos.





Cando quedaron un pouco quietos, contámolos... temos 13 CULLARAPOS!




Puidemos fixarnos en que non son todos do mesmo tamaño, e que aos máis grandes xa se lles empezan a formar as patas traseiras.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.