O derradeiro luns do segundo trimestre, chegou a nosa MOCHILA VIAXEIRA cargada de cousas interesantes, que o seu "portador", ANXO CASTRO, estaba desexando contarlle aos seus compañeiros.
Ademais de desfrutar da mochila na súa casa co seu irmán Lucas, Anxo tamén a levou á casa dos seus avós para compartirla coas súas primas.
Os libros que máis lle gustaron a Anxo foron os que, polo de agora, tamén causaron furor entre os seus compañeiros: "SACAPENAS" e "O RÍO E A LAGOA".
A enciclopedia de "O RÍO E A LAGOA" troúxolle á mente un paseo no que observou unhas cousiñas "redondiñas viscosas" nunha poza, que o seu padriño lle desvelou que se trataba de ovos de rá. Así que durante estes días Anxo decidíu volver a ver que acontecera con eles... e atopouse cunha gran sorpresa... agora xa non había ovos, había CÁGADOS: crías de rá.
Os CÁGADOS, tamén reciben o nome de CULLARAPOS, debido á forma de culler que teñen: unha gran cabeza con esa cola.
* Poñen ovos que sufren unha METAMORFOSE (cambio de forma, igual que as nosas eirugas de papilio machaon).
En canto ao libro "SACAPENAS", Anxo falounos dos seus "CUCÚS", dous pequenos bonequiños que ten dende pequeno e que o acompañan a todas partes, que o fan sentir seguro pola noite e aos que lles mostra todo o seu cariño, así que para el son coma sacapenas. Con axuda das súas primas, Anxo inventou un pequeno conto biográfico no que nos contaba a historia de como apareceron os Cucús na súa vida. Unha historia ben fermosa!
Alégrome moito de que toda a familia gozase tanto coa mochila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.