mércores, 2 de marzo de 2016

COÑECENDO AS ESTRELAS

Dende que chegaron hai unhas semanas, os alumn@s en prácticas que temos no cole, mergulláronse de cheo no noso proxecto do ESPAZO e hoxe quixeron poñersa na pel do docente e presentarlles aos pequech@s un concepto novo relacionado co proxecto... AS ESTRELAS!

Para comezar, presetáronlles dúas imaxes con estrelas (na de arriba saía unha única estrela en primeiro plano, e na de abaixo unha constelación). Os pequech@s tiñan que observalas con calma, fixándose nos detalles, e despois analizar as SEMELLANZAS e DIFERENCIAS.



Unha vez analizadas as imaxes, os pequechos fixeron EQUIPOS, buscáronlle un nome (de maneira consensualizada) e nomeron un capitán.












Colleron os libros informativos do noso Recuncho do Espazo, e, en queipo, puxéronse a buscar información sobre as estrelas.


















Unha vez que a atoparon, os capitáns, mostraron a información atopada a todos os seus compañeiros. Zaida e Esteban (os nosos mestres en prácticas) léronlle a información que atoparon, destacando os aspecto máis interesantes e importantes.





Algunha das cousas que aprenderon sobre as ESTRELAS:




* As estrellas son unhas inmensas bolas GASEOSAS.
* Brilan con LUZ propia.
* Desprenden CALOR.
     - As máis cálidas son as azuis.
     - As máis frías son as vermellas.
* Pola noite vémolas coma pequenos puntos brilantes no ceo.
* Poden ser de cor: azul, vermella, branca e amarela
* As estrelas nacen e morren
* As CONSTELACIÓNS son agrupacións de estrelas.
* Dependendo da época do ano, podemos ver unhas constelacións ou outras. 


Esta actividade foi o "preludio" dunha parte máis práctica que levará a cabo mañá. De que se tratará?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.