xoves, 31 de marzo de 2016

PLANTAMOS...



PIPAS DE CABAZA!



Lembrades o taller de cabazas que realizamos no Samaín? Depois de baleiralas e decoralas xunto coas familias, os pequech@s escolleron e separaron pipas que gardamos, e hoxe decidimos facer un SEMENTEIRO para obter pequenas plantiñas de cabaza que logo trasplantareamos ao horto. 



Que precisan as plantas para medrar? Terra, sol e augaCon estas premisas comezamos:

* Botamos unha pouca terra, engadimos as pipas de cabaza, cubrimos con máis terra. 


* Regámolas.


* Como imos a plantar máis sementes para facer máis sementeriros de diversas plantas, fixemos uns letreiros para indicar o día da plantación e o que plantamos.


* Colocamos o sementeiro preto da fiestra para que lle de a luz do sol.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.