martes, 29 de marzo de 2016

CULLARAPOS: Reconto

Xa sabedes que antes de marchar de vacións, ANXO CASTRO trouxo á clase CULLARAPOS, que espertaron unha gran espectación. A magoa foi que ao atoparnos co axetreo do final do trimestre, non lle puidemos prestar toda a atención desexada, nin tampouco os coidados precisos, xa que marchamos de vacións... Eses cullarapos foron liberados!

Pero a familia de Anxo, tivo a amabilidade de coller máis cullarapos e traérnolos hoxe ao cole, para así poder comezar un pequeno PROXECTO de observación para aprender un pouco sobre o proceso de metamorfose das ras. 

O primeiro que fixemos foi intentar "pescalos" para poder cambialos de recipiente e saber cantos cullarapos había. A verdade e que non era nada doado, xa que nadaban rápido e escapaban do coador (ferramenta que empregamos pra pescalos sen mancalos).



A medida que pescábamos un cullarapo, engadíamos unha "boliña" no prato para logo facer facilmente o reconto.



PESCAMOS: 14 Cullarapos!



Pero todavía quedaban máis... para contar cantos quedaron sen pescar valeiramos a auga despacio e con moito tino, dun recipiente a outro, pasándoa polo coador, e a medida que caían cullarapos, faciamos o reconto; empregando o mesmo sistema: engadindo boliñas no prato.


NON PESCAMOS: 49 Cullarapos!





Observamos os pratos e comparámolos para ver en cal había máis e en cal menos: pescamos menos e quedaron sen pescar máis!



Por último, fixemos o reconto final, para saber cantos cullarapos que trouxo Anxo.

TOTAL de Cullarapos: 63 (14+49)






* Na MOCHILA VIAXEIRA hai un libro moi especial na que aparecen estes animaliños: "O RÍO E A LAGOA" (que xusto hoxe puidemos observar debido a que Mariña trouxoa de volta da súa casa).  

* Os que teñades na casa algún material realcionado cos cullarapos ou as rás, podedes traelo ao cole: libros, contos, fichas informativas, imaxes, bonecos...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.