mércores, 16 de marzo de 2016

"NOITE ESTRELADA DE FONTIÑAS"

Como seguramente lembrades, no primeiro trimestre fixemos un proxecto sobre VAN GOGH, no que aprendemos moitas cousas sobre a biografía e a obra deste pintor holandés, que intentamos recordar!

De novo recurrimos a el para relacionalo co proxecto de O ESPAZO, pois un dos seus cadros máis coñecidos está relacionado con este tema.
Van Gogh pintou este cadro dende a fiestra do seu cuarto no sanatorio de Saint Rémy de Provence,onde estivo ingresado cara o final da súa vida. Unha curiosidade e que pintou este cadro durante o día, de memoria. 

Os nosos mestres en prácticas, Zaida e Esteban, levaron a cabo unha actividade cos pequech@s, na que realizaron unha "reinterpreteción" do cadro de Van Gogh "Noche Estrellada" e eles pintaron...

"NOITE ESTRELADA EN FONTIÑAS"

* As "vistas" eran do barrio de Fontiñas, no que localizamos o noso cole.


* Estamparon o fondo empregando esponxas molladas en témpera de diferentes tonalidades de azul.


* Con pincel pintaron as estrelas e a lúa.





Os reslutados... SORPRENDENTES!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.