martes, 2 de febreiro de 2016

DÍA DA CANDELORIA

O 2 de FEBREIRO é o DÍA DA CANDELORIA que ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza; pero como maoitos outros, foi cristianizado.

Segundo a cultura tradicional galega, na Candeloria "CASAN OS PAXARIÑOS": a metade do inverno ten pasado, queda menos para a primavera e os paxaros que emigraran comezan a retornar e a aparearse, de ahí o dito.



No cole había unha casiña de páxaros, e hoxe recollemos as migallas dos bocatas da merenda, para poñerllas no comedeiro e que os paxariños viñeran a picotear.



Ademáis hai varios refráns sobre esta data, sobretodo con connotacións meteorolóxicas, xa que a Candeloria marca a metade xusta do inverno, entre eles, este é un dos máis populares:


Salimos ao patio a observar cos PRISMÁTICOS as pólas das árbores para divisar algún paxariño. Dúas lavandeiras pousáronse na herba do patio e varias pegas pasaron voando.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.