Xa sabíamos que para explorar ao espazo, primeiro mandáronse satélites, para recadar información. Despois mandaron á cadeliña LAIKA, pero... QUEN FOI A PRIMEIRA PERSOA EN IR AO ESPAZO?
Esa foi a pregunta que nos fixemos, e para darlle resposta, coma sempre, por equipos collemos os libros informativos do noso recuncho do espazo e puxémonos a buscar (buscamos as páxinas na que aparecían astronautas para logo contrastar se nalgunha se daba resposta á nosa pregunta).
E si que o atopamos, en varios libros había información. Sabedes quen foi a primeira persoa en ir ao espazo?
YURI GAGARÍN
Un astronauta soviético que o 12 de ABRIL de 1961 orbitou ao redor da Terra 108 minutos, a bordo da nave VOSTOK 1.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.