mércores, 3 de febreiro de 2016

FILLOAS

Estamos en pleno mes de ENTROIDO, que na nosa terra, ademáis de pola gran riqueza de traxes e disfraces tamén garda unha parte gastronómica. De seguro que durante estas datas degustaredes algún que outro COCIDO, unhas FILLOAS ou unhas ORELLAS.

Nós, hoxe, convertémonos en "COCIÑEIR@S" e preparamos unhas FILLOAS salgadas (desas que acompañan ao cocido).

Preparamos os INGREDIENTES DA RECEITA DAS FILLOAS:



* PESAMOS A FARIÑA (1 Kg)


* ESCACHAMOS OS OVOS (4)


* BOTAMOS A AUGA (2'5 Kg)


* AÑADIMOS SAL


* BATEMOS TODOS OS INGREDIENTES PARA CONSEGUIR O AMOADO 


* Antes de facer a filloa UNTAMOS O FILLOEIRO CON TOUCIÑO DE PORCO (para que as filloas non se peguen)



* BOTAMOS O AMOADO PARA FACER AS FILLOAS


* PROBÁMOLAS!


* Tantas horas facendo nelas... 
e en poucos minutos so quedou o prato!


* A que se parecen as filloas? 
A unha LÚA CHEA, con cráteres e todo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.