xoves, 4 de febreiro de 2016

MÁIS NOVAS SOBRE O ESPAZO

Dende que comezamos o proxecto do ESPAZO, puidemos comprobar como periodicamente nos xornais aperecen noticias relacionadas con este tema: a alineación dos 5 planetas que durante estes días se poden ver no ceo, a existencia de máis planetas no sistema solar... 

XULIA trouxo unha nova noticia sobre ASTRONOMÍA na que nos falan das estrelas e constelacións que se poden observar nesta época do ano dende o hemisferio norte.



* Gardaremos a bo recaudo esta noticia para tratala con maior profundidade cando abordemos o tema das estrelas. 








* O xornal de hoxe contiña o titular "SETE VAGABUNDOS NO CEO DA MAÑÁN". Noticia que facía referecia a que no amencer de hoxe se puideron contemplar no ceo, ademais dos sete planetas dos que xa falamos en días anteriores, tamén a lúa e o sol.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.