Hoxe SARA trouxo trouxo algo moi interesante á aula, relacionado co espazo... ao ensinárllelo aos seus compañieros ao principio non sabían de que se trataba, pero ao fixarse máis atentamente, déronse conta de que nel aparecían estrelas... era un PLANISFERIO CELESTE: unha ferramenta que se emprega para localizar as estrelas e constelacións, xa que dependendo da hora, do día, do mes, e tamén do país no que vivamos, non se poden ver sempre as mesmas estrelas.
No planisferio de hai dúas partes: un círculo fixo no que aparecen as estrelas e constelacións e outro que xira, no que hay unha parte transparente que ao xirar deixa ver determinadas constelacións mentres a parte opaca tapa outras. Tamén apaecen marcados o Norte e o Sur, pois sempre hai que xirar orientándonos ao norte, e buscar a hora, o día e o mes (que se vos fixades están marcados na parte externa).
Cando estemos traballando máis detidamente as estrelas, seranos de gran axuda e sacarémoslle probeito!
Moitas grazas Sara!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.