Estamos en pleno INVERNO, o frío é o que caracteriza esta estación, e hoxe puidemos experimentalo nos nosos corpos e ademais observalo cos nosos ollos, dun xeito máis claro que noutros días, pois amenceu e todo estaba de cor branco, non era neva, era... XIADA, por iso hoxe as luvas, os gorros e as bufandas foron o complemento máis empregado.
A XIADA é a conxelación da auga producida polo frío. Isto tamén nos valeu para realacionalo co espazo e co movemento da terra:
* O movemento da terra sobre si mesma (rotación) é o que se relaciona co día e a noite.
* O movemento da terra ao redor do sol (traslación) e o que se relaciona cas estacións.
Pola noite as temperaturas baixan porque o sol non nos alumea directamente. No inverno, cando hai humidade non ambiente e as temperaturas son moi baixas, esa auga conxélase e tingue todo de cor branca.
Miramos pola fiestra da aula para fixarnos en como estaban os xardíns do mirador de Fontiñas... verdes? non... totalmente branquiños!
Ao longo do día, a medida que saía o sol e "quentaba" máis, a xiada derretíase e deixaba ver a cor verde da herba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.