venres, 20 de xaneiro de 2017

O COLE "XEADO"

Coa ola de frío que atravesa o noso país estes días, as baixas temperaturas foron unha constante durante toda a semana, pero hoxe, o descenso foi notable de tal maneira que o cole apareceu "xeado".

As cores do chan do patio de infantil quedaron tapadas pola xiada da noite, cando as temperaturas acadaron o seu nivel mínimo.


E que mellor maneira de "estudiar" o inverno que exploránddo directamente!

Enfundamos abrigos e saímos para:
* respirar o inverno e ver o que acontecia co noso "alento".
* tocar o efecto da xiada no patio de infantil.
* patinar polo chan.




* E intentamos facer un pequeno experimento con pompas de xabón... que non saíu! Pero que ao entrar na aula visionamos na PDI. 



(As nosas pompas non se conxelaban porque non facía suficiente frío; pero quería que visen, ainda que fose nun video, o fermoso proceso de conxelación dunha pompa de xabón)

Agora si que si... 

BENVIDO INVERNO!


xoves, 19 de xaneiro de 2017

PROFUNDIZANDO NAS UNIDADES E DECENAS

No primeiro trimestre tomamos contacto coas UNIDADES e coas DECENAS, e agora estamos a profundizar no tema.


Intentamos facer moitos exemplos prácticos e aplicar algún "truquiño" para que sexa máis sinxelo. Pois a pesar de que que parecen conceptos sinxelos, para os pequech@s non o son tanto.


Hoxe levaron o material das unidades e das decenas para a casa para xogar coa familia!


7º ANIVERSARIO HIWOT


Hoxe HIWOT estreou os aniversarios do 2017, no que deixamos atrás o 6 para recibir o número 7!

Para celebralo cos seus compañeir@s, trouxo un delicioso biscoito caseiro e unha caixa de galletas. Todo estaba delicioso!


Tamén convidou aos compañei@s de 1º A , a participar na celebración.


Como agasallo, Hiwot, levou a medalla dos 7 anos e unha fermosa postal de aniversario.

Moitas grazas por celebrarlo con nós!



mércores, 18 de xaneiro de 2017

COÑECENDO UN POUCO LONDRES...

... da man de ZOE!

Despois de pasar uns días de vacacións, hoxe, Zoe, voltou ao cole e contounos a todos que lugar foi a coñecer durante estos días.

O seu destino foi... LONDRES

Rapidamente acendemos o noso ordenador xunto coa PDI, e empregamos o buscador para atopar un mapa de europa e situar LONDRES.



Coma sempre, primeiro sitiamos nós, o noso País- España, a nosa comunidade autónoma - Galicia, a nosa provincia - Pontevedra, e a nosa vila - Pontecesures. 





Aproveitamos para falar de que Londres é unha cidade que está en INGLATERRA, e que esta, así mesmo forma parte de REINO UNIDO. Sendo a capital. 

Zoe empou a contarnos, que o viaxe comezou no aeroporto de Santiago, (Lavacolla), onde tivo que pasar o CONTROL DE SEGURIDADE:


Contounos a súa experiencia, e o divertido que lle resultou que "pitase". Falamos de como son os controis nos aeroportos:
* Hai que quitar as cousas metálicas: reloxos, cintos...
* Se levas determinado calzado hai que descalzarse.
* As persoas pasan por un "arco" e se pitan, rexístranas.
* As maletas tamén pasan un control, na que miran o que levan dentro.
* Con todo isto queren garantizar a nosa seguridade.

Zoe comentounos que o vo durou sobre 2 horas, e que estaba desexando chegar.

Contounos as cousas que viu en Londres e que nós fomos buscando e proxectando na PDI, para así coñecer un pouquiño máis e mellor a cidade,

LONDON EYE: "o ollo de Londres", unha noria, diferente a que hai nas festas, xa que está formada por cabinas nas que se vai de pe, para contemplas a cidade (de aí ven o seu nome).

BIG BEN: e o nome co que se coñece a gran campá do reloxo do Palacio de Westminster, e popularmente, por extensión, tamén se lle chama así ao reloxo da torre. 

PALACIO DE BUCKINGHAM: E onde vive a raiña de Londres. Está custodiado pola GARDA REAL, que son un icono da cidade pola súa vestimenta. E é espectacular ver o cambio de garda. 

MUSEO BRITÁNICO: do que Zoe destacou que o que máis lle gustou foron as momias exipcias. 

Moitas grazas por falarnos da túa viaxe Zoe; pois grazas a ti aprendemos un pouquiño desta cidade!




martes, 17 de xaneiro de 2017

ROTEIRO DE INVERNO

A semana pasada e esta, realizamos o noso ROTEIRO polo patio para observar e rexistrar os cambios que se produciron nas nosas árbores coa entrada do INVERNO.

* Os PRUNOS estaban totalmente "calvos", nin rastro de follas. 


* O CARBALLO sufriu un gran cambio dende o último rexistro, xa que perdeu un gran número de follas. 


* O SALGUEIRO CHORÓN tamán experimentou unha perda abundante de follas. 


* Este curso comezou co tempo un pouco revolto, pois a estación do outono non foi habitual, pois fixo moito sol, houbo temperaturas agradables e con escasas precipitacións, e a MOREIRA anda un pouco "confusa" e a pesar de que parece que está sen follas, ten nas súas polas brotes dos que xa asoman pequenas follas.


* Ao ARCE sucedelle o mesmo que ao salgueiro chorón, e está chea de brotes. 


xoves, 12 de xaneiro de 2017

CONTANDO CONTOS

Como xa sabedes, todos os días temos, no noso horario, un tempiño adicado á lectura. 

Estos días de inicio de trimestre, @s pequech@s aproveitaron para traer os contos que lle trouxeron como agasallos no Nadal, para ensinarllos aos seus compañeir@s.




Ademais, así convertíronse en "contacontos". Hoxe foi o turno de BRAIS e de DAMIÁN. 





Gustáme moito esta mecánica, xa que a un mesmo tempo podemos traballar moitas cousas:

* A lectura.
* A expresión oral.
* O vocabulario.
* A atención.
* O perder a vergoña a falar en público.
* A motivación de sentirse protagonistas.
* Aprendemos a moralexa de cada historia.
* Traballamos a comprensión lectora.

Moitas grazas por compartir os vosos contos con nós!

mércores, 11 de xaneiro de 2017

TOMANDO CONTACTO COA REGRA...

Estre trimestre en MATEMÁTICAS, andaremos a voltas coas LIÑAS: rectas, curbas, poligonais, abertas, pechadas...

Hoxe empezamos a traballar e familiarizarnos con estes termos, a través de diferentes exemplos, e intentando fuxir dos convencionalismos... 

Tomamos contacto coa REGRA, unha "ferramenta" fundamental. Un folio A3 en branco, rotuladores e total liberdade para enchela de liñas rectas... creatividade en marcha! 

* Aprendemos e practicamos ao tempo que creamos!


Nos vindeiros días faremos o mesmo con demais tipos de liñas.


COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

Despois de gozar das vacacións de Nadal, hoxe tocou VOLVER AO COLE para comezar o 2º TRIMESTRE.


Hoxe, entraron coas pilas cargadas, con ganas de contar todo que fixeron durante o Nadal: comilonas familiares, experiencias vividas, agasallos recibidos...

Por iso, despois dos recibimentos, saúdos, apertas e bicos, sentamos o cú no corcho para poñernos a falar e facer unha posta en común sobre as vacacións.

Despois tomamos asento na nosa nova distribución en "U", e cada un escribiu e ilustrou o que máis lle gustou do Nadal (así iniciámonos na redacción).


Tamén falamos de que durante as vacacións celebramos o fin de ano, despedindo o 2016 e recibindo 2017, que, coma cada ano, contén 12 MESES, e empezamos a traballar:

* Nome e orde dos meses.
* Duración dos meses co xogo das mans.
* Distribución dos meses nas estacións do ano. 
* Inverno: características da estación.

Este grupo está moi unido, e mostra diso foi a maneira na que se recibiron pola mañán, e tamén o "picnic" improvisado no corcho da aula, na que compartiron as súas merendas entre tod@s!



martes, 10 de xaneiro de 2017

41000 VISITAS

Que mellor maneira de volver das vacacións, que facelo cun número redondo de visitas...


Moitísimas grazas a tod@s!

luns, 9 de xaneiro de 2017

OLAF

Xusto o día que remataba o primeiro trimestre, tamén remataba o outono deixando paso o INVERNO, e nada máis invernal que un boneco de neve. Pero... cal é o boneco de neve de moda... OLAF!





Na FESTA DE NADAL, interpretamos unha canción da banda sonora da película FROZEN, na que aparece OLAF, e el mesmo animouse a cantar e bailar con nós.


Despois da actuación, quedouse para facer algunhas FOTOS con nós!