mércores, 11 de xaneiro de 2017

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

Despois de gozar das vacacións de Nadal, hoxe tocou VOLVER AO COLE para comezar o 2º TRIMESTRE.


Hoxe, entraron coas pilas cargadas, con ganas de contar todo que fixeron durante o Nadal: comilonas familiares, experiencias vividas, agasallos recibidos...

Por iso, despois dos recibimentos, saúdos, apertas e bicos, sentamos o cú no corcho para poñernos a falar e facer unha posta en común sobre as vacacións.

Despois tomamos asento na nosa nova distribución en "U", e cada un escribiu e ilustrou o que máis lle gustou do Nadal (así iniciámonos na redacción).


Tamén falamos de que durante as vacacións celebramos o fin de ano, despedindo o 2016 e recibindo 2017, que, coma cada ano, contén 12 MESES, e empezamos a traballar:

* Nome e orde dos meses.
* Duración dos meses co xogo das mans.
* Distribución dos meses nas estacións do ano. 
* Inverno: características da estación.

Este grupo está moi unido, e mostra diso foi a maneira na que se recibiron pola mañán, e tamén o "picnic" improvisado no corcho da aula, na que compartiron as súas merendas entre tod@s!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.