Hoxe, 30 de XANEIRO celebramos o...
A pesar de que con motivo desta celebración, traballamos dun xeito máis "explicito" o concepto da PAZ, en realidade, no día a día da nosa aula, pretendemos inculcar este valor fundamental no "sentimento" d@s alumn@s.
A PAZ non se busca un só día, senon os 365 días do ano!
Quixemos traballar a PAZ dende diversos puntos de vista:
* Un mural da PAZ xunto con Educación Infantil, no que cada alumno silueteou a súa mán e o seu brazo, e posteriormente decorouna.
Nos pegamos anacos de xornais, e escribimos palabras realcionadas coa paz, que anteriormente @s nen@s dixeron e escribiron na PDI, nun "torbellino de ideas" que realizamos.
As nosas mans simbolizan que queremos que as noticias estean cargadas de paz e de cousas boas e positivas.
O mural en si simboliza que...
"ERGUEMOS AS NOSAS MANS
CARA A PAZ"
* A nivel centro, todo o CPI de Pontecesures traballamos o tema dos Refuxiados Sirios. Un tema que por desgraza está de actualidade e máis coa ola de frío destos días.
Collemos imaxes realcionadas coa dureza deste tema para sensibilizar ao alumando. Analaizamos e reflexionamos sobre as imaxes e a situación, e despois, baixo o lema "POLA CALOR DO PAZ", quixemos reflexar como nos gustaría que mudasen as cousas para os refuxiados.
* Grabamos un VIDEOCLIP ( Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria).
Traballamos coa canción "Un beso redondo" de Conchita, pois se houbese máis bicos o mundo sería un lugar máis feliz, xa que os bicos son a mostra de amor e cariño por excelencia.
* Tamén realizamos unha montaxe fotográfica aprobeitando as palabras que sairon no "torbellino de ideas" sobre a Paz empregando unha canción que tamén escoitamos durante estes días "Los niños queremos la paz" de 3+2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.